Cómpracenos darlle a benvida ao sitio web do Coordinadora Federal das Asociacións Galegas. Dende o ano 1966 a nosa institución mantén o firme e decidido compromiso de divulgar a orixe e identidade galegas, desenvolvendo actividades de divulgación da idiosincrasia, cultura e costumes galegas entre os nosos socios, novas xeracións e público en xeral.
O noso portal nace no marco do proxecto GaliciaAberta, comunidade virtual da emigración da que formamos parte.
Neste espazo,poderá atopar información sobre a nosa historia, as nosas actividades, a situación das nosas instalacións ou calquera outro tipo de información de interese.
Se desexa enviarnos calquera consulta, dúbida ou suxestión poderá realizala a través do enderezo coordinadoraalemania@galiciaaberta.com.
Por último, invitámolo tamén a participar en GaliciaAberta, a través das ferramentas de comunidade dispoñibles, como foros, enquisas, axenda, etc.
Novo: Programa de formación e desenvolvemento empresarial para a Galicia exterior
O programa que xestiona a Fundación Galicia Emigración chega a Alemaña.
Descrición do programa
Proporcionar ferramentas de xestión empresarial para a creación de empresas en Galicia, así como para a xeración de negocios e de inversión en Galicia dende o país de residencia.
Obxectivos
- Facilitar ferramentas necesarias para a creación de empresas en Galicia aos galegos residentes no exterior como unha vía de inserción laboral tras o retorno.
- Xerar negocios e/ou canalizar inversión con Galicia, ampliando oportunidades laborais e de densenvolvemento empresarial desde o seu país de residencia.
Fomentar a xeración de redes empresariais
Prazo de inscrición:
Ata o 3 de novembro.
Datas de realización:
Do 13 de novembro ata o 1 de decembro de 2006.
- Modelo para participar no programa (Abra o documento, cubra os campos necesarios e prema o botón de «Imprimir» que verá ao final)
- Documentación necesaria
- Díptico informativo da edición de Alemaña