Coordinadora Federal das Asociacións Galegas

Fundada o 15 de xuño de 1996 na cidade de Frankfurt co obxectivo fundamental de promocionar a cultura galega, promover a lingua galega, coordinar todo tipo de actividades das asociacións galegas, tanto recreativas como culturais ou lingüísticas, na República Federal de Alemaña.

Ao principio a asociación rexíase por un simple regulamento interno ata que redactaron os seus primeiros estatutos o 4 de abril de 1998 e que foron legalizados o 18 de marzo de 1999.

Os centros que forman na actualidade a Coordinadora Federal das Asociacións Galegas en Alemania son:

  • Centro Galego de Nürnberg (Nürnberg)
  • Centro Cultural Gallego de Francfort del Meno, e.V.
  • Centro Cultural y Deportivo de Galicia Emigrante 1972 (Gütersloh)
  • Centro Cultural Gallego de Cuxhaven, (Cuxhaven)
  • Asociación Cultural Galega de Hamburgo (Hamburgo)
  • Centro Galego de Hannover (Hannover)
  • Peña Galega de Munich (Munich)
  • Sociedad Gallega Deutsch-Spanische Vereinigung (Sindelfingen)
  • Círculo da Cultura Galega e Cabaleiros de Santiago (Nürnberg)
  • Grupo Cultural Galego de Troisdorf (Troisdorf)
  • Club Galicia de Bonn

Ten recoñecida a condición de centro colaborador por resolución de 29 de setembro de 2003. Na actualidade ten 9113 socios dos que 8757 son galegos.

As instalacións de que dispoñen son en réxime de alugamento e as reunións celébranse na sede do Centro Cultural Gallego de Francfort.