As actividades desenvolvidas ao longo do ano son fundamentalmente culturais. Destaca a celebración do Día de Galicia en Alemania onde se imparten conferencias sobre Galicia ao longo de toda Alemaña e ás que asisten unhas 20.000 persoas.
Suliñar a creación a finais do ano 2002 do grupo de gaitas Banda de Galicia en Alemania que, pese á súa curta existencia, xa actuou en grandes cidades alemanas como Hamburgo, Francfurt, Nuremberg, Munich e tamén en Suiza. Así mesmo, participaron no programa da Televisión de Galicia “LUAR”, no ano 2004.
No pasado ano 2004 a banda participou no Festival Internacional de Folclore Galego, celebrado o 13 de agosto dentro dos actos do IV Día da Galicia Exterior pechando as actuacións cunha emotiva interpretación do Himno Galego.
Quince dos seus compoñentes asistiron ao Foro da Xuventude, que tivo lugar no Monte do Gozo o día 12 dese mesmo mes.
A Coordinadora organiza desde o ano 2002 unha Xuntanza da Emigración, que no pasado ano 2004 celebraron no concello da Baña e na que se fai entrega de medallas a persoas destacadas pola súa labor a favor dos emigrantes. Nesta ocasión unha das medallas de ouro foille outorgada ao Conselleiro de Emigración D. Aurelio Miras Portugal.